Escápate e vive a esencia da Ribeira Sacra en todas as épocas do ano









Desfruta dunha escapada á Casa das Xacias en calquera época do ano.
Na primavera cociña e aproveita a horta. No noso eixido atoparás, por exemplo, leitugas, tomates, pementos e herbas aromáticas como perexil, romeu, lavanda ou hortelá. Saborea as comidas, as ceas e o viño novo. Imprégnate desa luz tan brillante e percibe o transcorrer dos días, cada vez máis longos.
No outono, a Casa das Xacias é ideal para tomarse un respiro e experimentar a Ribeira Sacra en todo o seu esplendor. Goza do descanso sen ruídos, da espectacularidade cromática das vides e da vendima, da festa tradicional do magosto e das longas sobremesas sen présas.
O inverno bríndanos un tempo de recollemento no que presta estar a carón da cheminea, buscando a calor do lar. É o momento de estar cos teus. Na casa dispoñedes de leña para a cheminea e a barbacoa. É unha boa época para visitar adegas e probar a gastronomía galega típica desta época do ano.
Prezo dende 900 €. Estancia de 2 noites para os meses de outubro a maio + selección de viños DO Ribeira Sacra e produtos locais.