ESCAPADA CERVEXEIRA NA CORUÑA









Escapada que nos ofrece unha experiencia cervexeira con provedores que promoven a resiliencia, a inclusión, a retención de talento e a calidade do servizo.
MEGA, Museo Estrella Galicia: empresa familiar que aposta polo talento galego e que emprega todos os recursos ao seu alcance para cumprir cunha clara filosofía: «Non queremos ser a cervexa máis vendida, senón a máis amada».
Hotel Plaza 4*: cunha interesante e innovadora proposta de lecer e gastronomía a fin de integrarse na cidade e non ser unicamente un lugar onde pasar a noite.
Inclúe:
2 noites de aloxamento e almorzo no hotel Plaza 4* da Coruña.
Visita libre guiada a MEGA, Museo de Estrella Galicia.
Tirada de cervexa e maridaxe de queixos en MEGA, Museo de Estrella Galicia.