EXPERIENCIA RIBEIRA SACRA SOSTIBLE




En Abramar estamos comprometidos cun turismo sostible e de calidade, respectuoso co destino e coas xentes que o habitan. Por iso organizamos experiencias sostibles e viaxes únicas na Ribeira Sacra, para parellas ou grupos reducidos e de varios días, nas que poñemos toda a nosa dedicación, know-how e amor polo destino para que poidades vivir unha experiencia inesquecible, irrepetible e deseñada á medida.
A oferta desta experiencia sostible na Ribeira Sacra é moi variada, dende sendeirismo polos canóns dos ríos Sil e Miño ata visitas ao rico patrimonio do destino, onde destacan a arte románica, a artesanía, as tradicións e a etnografía. Todo isto combinado con paisaxes idílicas e sen esquecernos das famosas adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, onde saborear un bo viño cultivado de maneira «heroica».
As actividades de lecer no destino son sempre sostibles e respectuosas; dende paseos en moto eléctrica ata kaiak polos vertixinosos canóns do Sil, paddel surf, rutas dacabalo e en segway ou, simplemente, unha tranquila ruta de sendeirismo nun dos medios naturais mellor conservados de Galicia.
Para repoñer forzas, degustaremos a gastronomía da zona nos mellores restaurantes Km 0 e descansaremos nos mellores aloxamentos con encanto e de calidade contrastada.
Comprometémonos á máis exquisita organización 24/7 para que só vos preocupedes de desfrutar do destino.
A experiencia inclúe:
Aloxamento en AD.
Xantares e ceas.
Visita sensorial con cata a 3 adegas.
Ruta en barco.
Sesión de spa.
Ruta de miradoiros.