Experiencia rural “Entre Pazos, fervenzas e congostras”




Esta experiencia baséase no desfrute dunha ruta de sendeirismo que combina valores naturais e patrimoniais con hábitos saudables. A través desta experiencia poderás gozar dun baño de bosque nun entorno único caracterizado por antigas gargantas, fervenzas e mansións señoriais do século XVIII. O itinerario proposto ten unha extensión de 15 quilómetros e unha duración aproximada de 6 horas. O colofón desta actividade consiste nunha visita a un destes pazos. Unha experiencia típica dos “Pazos de Ulloa” de Emilia Pardo Bazán.
Grupo mínimo de 8 persoas. Aceptamos grupos pechados.