EXPERIENCIAS NÁUTICAS DEPORTIVAS: bautismo de vela lixera

Nesta modalidade de actividade, búscase poder ter unha experiencia co mundo da vela, mediante embarcacións lixeiras, como pode ser o raquero e o carabel, embarcación de máis de cinco metros de eslora, que pode levar ata 5 tripulantes, co patrón. Levarase a cabo na enseada do Porto de Portonovo (Baltar), e pode aumentarse a zona de navegación ás praias próximas de Silgar e Caneliñas, sen afastarse da bocana do porto cara ó medio da ría. A duración será de dúas horas.