Galicia Destino Sostible

EXPERIENCIAS NÁUTICAS DEPORTIVAS: iniciación a vela lixeira

Nesta actividade, buscase poder ter uns coñecementos mínimos de navegación a vela, mediante embarcacións lixeiras. Levarase a cabo na enseada do Porto de Portonovo (Baltar), e pode aumentarse a zona de navegación ás praias próximas de Silgar e Caneliñas, sen afastarse da bocana do porto cara ó medio da ría.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 85 €
8 Persoas Min.
Condicións de reserva

As persoas que se inscriban non deben ter unhas características especiais nin ser grandes deportistas, tan só demostrarán ganas de aprender e de navegar. O único requirimento importante e fundamental para súa realización é ter un mínimo dominio da natación. Deberá traer un chuvasqueiro (opcionalmente un traxe de neopreno), calzado para auga, bañador, toalla. Os cursos realizaranse preferentemente durante as fins de semana (sábados ou domingos), o longo dos meses de maio, xunio e setembro, cunha duración de catro horas diarias (preferiblemente mañas) e un total de 18 horas. Nos meses de xullo e agosto ralizaranse durante a semana de luns a venres.