EXPERIENCIAS E GASTRONOMÍA SOSTIBLES NAS RÍAS BAIXAS



En Abramar comprometémonos a que poidas vivir experiencias únicas a través dun turismo sostible e de calidade, respectuoso co destino e coas xentes que o habitan. Organizamos experiencias de varios días e de cuño 100 % galego, tanto para parellas como para grupos reducidos, nas que poñemos toda a nosa dedicación, know-how e amor polo destino para que non teñades que preocuparvos por nada.
A oferta de turismo de experiencias e gastronomía nas Rías Baixas é atractiva e variada. Descubre a riqueza do territorio, a súa cultura, tradicións, etnografía, gastronomía, artes de pesca e os seus segredos culinarios.
Estas experiencias están totalmente vencelladas ao patrimonio, á gastronomía e ao lecer. Por iso che ofrecemos a posibilidade de combinárelas de forma personalizada, para que poidas contar en todo momento cunha viaxe feita á medida.
Comprometémonos á máis exquisita organización 24/7 para que só vos preocupedes de desfrutar do destino.
A experiencia inclúe:
Aloxamento en AD en hotel 4*.
Experiencia de pesca artesanal.
Experiencia de pesca do choco.
Experiencia marisqueira con degustación.
Visita privada nas Rías Baixas.
Visita ao Biomarine Center de Pescanova.
Visita con cata a adega DO Rías Baixas.
Xantares e ceas en restaurantes locais e restaurantes con estrela verde e dúas estrelas Michelin.