GALICIA ATLÁNTICA EN CAMPER
Paquete de 7 días – 6 noites nunha camper, que inclúe:
Se sodes afeccionados aos deportes náuticos e vos gusta vivir experiencias nunha contorna única, esta é a vosa viaxe en camper para percorrer a Galicia Atlántica. A viaxe comeza cabalgando as ondas na fermosa praia de Doniños, cunha clase de surf nun dos lugares favoritos de milleiros de surfistas de todo o mundo.
Tras esta primeira toma de contacto co intenso e bravo océano Atlántico, coñeceredes a espectacular fervenza do Ézaro, onde o río Xallas se precipita no océano, a través dunha ruta en kaiak con Atlantis Aventura.
Continuaredes ao longo da costa Atlántica visitando lugares únicos coma o castro de Baroña, un castro celta construído na marxe do Atlántico no século I a. C., a impresionante praia das Furnas ou o faro de Corrubedo, onde o bruído do océano non vos ha deixar indiferente.
Na vosa seguinte paraxe descubriredes os segredos que agochan as profundidades das Rías Baixas cunha xornada de mergullo neste paraíso natural único arredor da Illa de Arousa.
Por último, teredes a posibilidade de realizar unha travesía pola ría de Vigo nun barco mexilloeiro tradicional, descubrindo esta arte de pesca e degustando de primeira man o sabor do Atlántico con Bluscus Turismo Mariñeiro.
Inclúe:
• 6 noites de aloxamento en camper ou autocaravana.
• Clase de surf en Doniños.
• Kaiak en Ézaro – Atlantis Aventura – Galicia Destino Sostible.
• Bautismo de mergullo na Illa de Arousa.
• Paseo en barco pola ría de Vigo – Bluscus Turismo Mariñeiro – Galicia Destino Sostible.
Prezo por persoa baseado en tour para 4 persoas nunha camper en temporada baixa e suxeito a dispoñibilidade.