Galicia Destino Sostible

Galicia – The Celtic Motherland

1.º – Día de chegada

Saída cara ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo 4*, un dos mellores hoteis de Galicia onde faremos noite durante toda a nosa viaxe.

Chegada, distribución de cuartos e cea tradicional. Logo de cear, celebraremos unha xuntanza na que faremos a presentación da viaxe co adianto das rutas que realizaremos os días vindeiros.

A continuación, descansaremos nos nosos estupendos cuartos.

2.º día

Daremos comezo ao día cun magnífico almorzo.

A continuación, saída acompañados dos nosos guías para empezar a nosa ruta ata o monte Pindo. Coñecido tamén como o «Olimpo Celta» ou «Monte Sacro», é o punto xeolóxico máis antigo de Galicia, un antigo volcán que forma parte dunha Zona Especial de Conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000.

Empezaremos cunha ruta consciente camiñando por el, subindo en silencio mentres conectamos coa natureza e observamos as colosais formacións graníticas ao noso paso. Asemade, os guías irán relatando as lendas celtas da zona. Deseguido, gozaremos dunha meditación guiada mentres nos deixamos envolver por baños de sons celtas.

Finalizada a mañá, trasladarémonos ao restaurante de Fisterra onde nos recibirán cun xantar típico con produtos naturais da zona.

Continuaremos a actividade nas inmediacións da fervenza do Ézaro, formada pola desembocadura do río Xallas. Este río desemboca en forma de freixa no mar, cunha espectacular caída de máis de 30 metros no océano Atlántico. Realizaremos unha travesía en kaiak aos pés do Olimpo Celta, no medio duns lugares únicos que nos acercarán á nosa cultura ancestral en canto sentimos a forza da auga aos pés da fervenza.

Logo de finalizada a ruta, regresaremos ao noso aloxamento, onde dispoñeremos de tempo de lecer para asearnos e descansar.

3.º día

Comezaremos o día cun magnífico almorzo.

A continuación, acompañados dos nosos guías, dirixirémonos ao castro de Baroña —localizado nunha pequena península ocupada entre os séculos I a. C. e I d. C.— que consta de dúas murallas defensivas e onde se conservan unhas 20 vivendas de planta circular ou oval, típicas dos castros. Durante o noso percorrido polo castro, irán contándonos as lendas e tradicións celtas da zona e remataremos cunha ofrenda floral personalizada ao noso máxico océano Atlántico.

A continuación teremos un xantar típico da zona en restaurante.

Seguidamente, dirixirémonos a Ribeira, ao dolmen de Axeitos. O dolmen é un conxunto de restos dunha tumba de corredor con cámara, de época neolítica e datado entre o 4000 e o 3600 a. C. Á chegada ao dolmen, realizaremos unha meditación no seu interior, acompañada de música e sons ancestrais, dedicada aos nosos antepasados.

A continuación, volveremos ao hotel e pecharemos o día cunha cea tradicional privada, ambientada con música celta na Taberna Celta do hotel.

4.º día

Comezaremos o día cun magnífico almorzo con vistas ao mar.

Dende aquí, trasladarémonos a Catoira. Hai máis de mil anos, as costas galegas recibiron a chegada dos viquingos, que desembarcaron en Catoira, localidade de Pontevedra, en plena ría de Arousa, que era a entrada por mar cara a Santiago de Compostela. Afondaremos na súa cultura canda a visita ao Museo Viquingo, onde coñeceremos e comprenderemos un pouco mellor os costumes de outrora, podendo visualizar in situ unha filmación 3D na que se recrea como eran na súa orixe as Torres de Oeste. Os nosos irmáns viquingos han recibirnos no seu drakkar e gozaremos da experiencia da navegación a vela polas augas das marismas da preciosa Catoira ao tempo que nos amenizan coas lendas viquingas do lugar.

A continuación, desfrutaremos no hotel dun xantar tradicional con vistas ao mar.

Pola tarde, trasladarémonos ao monte do Facho, lugar onde a historia adquire colores de mitoloxía… Aquí imos encontrar os restos do santuario de peregrinación máis antigo de Galicia, que data do século IV e no que se adoraba o deus Berobreo. O mítico enclave, situado en Donón (Cangas), no confín da ría de Vigo, é un lugar máxico e un dos grandes centros de culto da Antigüidade. No lugar foron atopadas 174 aras de pedra consagradas ao deus, a maior concentración da Península Ibérica.

Xa no curuto, coñeceremos o poboado castrexo e visitaremos as antigas vivendas castrexas. Seguidamente, faremos a nosa ofrenda persoal perante a Ara Votiva, pedindo polos nosos devanceiros e, se as condicións climatolóxicas nolo permiten, poderemos contemplar unha impresionante posta de sol sobre as Illas Cíes.

Deseguido, regresaremos ao hotel, onde nos recibirán a calor dos baños de vapor, os efluvios das plantas de aromaterapia e unha sesión no Talaso coa que acadaremos unha sensación de calma e relaxación inigualable.

Pecharemos o día cunha cea tradicional privada, ambientada na época e amenizada con música na Taberna Celta do hotel.

5.º día

Comezaremos o día cun magnífico almorzo con vistas ao mar.

Seguidamente, dirixirémonos cara a Silleda, á Carballeira, acompañados dos nosos guías.

Baixaremos a través desta espectacular ruta ata chegar á maxestosa fervenza do Toxa, onde a fervenza do río do mesmo nome nos presentará un fermoso espectáculo de auga. A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, outórgalle a este lugar —un bosque atlántico marabillosamente conservado— unhas características incomparables que o converten nunha das máis impresionantes imaxes da Comunidade pola súa singular beleza. Nas impoñentes paredes graníticas que flanquean a fervenza, aniñan grandes aves coma os corvos e os falcóns. Xa na fervenza, procederemos a renderlle homenaxe, a través da música en directo, ao elemento auga e realizaremos unha purificación e meditación guiada co son do cadoiro aos nosos pés.

A continuación, desfrutaremos no hotel dun xantar tradicional con vistas ao mar.

Tras o xantar, dispoñeremos de lecer para descansar ou dar un paseo polos arredores do hotel (praia de Silgar, centro de Sanxenxo, Punta Vicaño).

Á hora acordada, trasladarémonos á Fundación Manolo Paz, onde percorreremos a exposición e os xardíns privados con explicación dos segredos da pedra e, pola nosa banda, procedemos a realizar unha máxica meditación guiada entre o círculo de menhires esculpido polo artista.

Tras a visita, volveremos ao hotel, onde nos recibirán a calor dos baños de vapor, os efluvios das plantas de aromaterapia e unha sesión no Talaso. Pecharemos o día cunha cea tradicional privada ambientada con música celta na Taberna Celta do hotel.

Descanso nos nosos confortables cuartos con vistas ao mar.

6.º día

Comezaremos o día cun magnífico almorzo con vistas ao mar.

A continuación, dirixirémonos ao comezo da Ruta da Pedra e a Auga, un dos percorridos de sendeirismo máis clásicos e impresionantes de Galicia que discorre á beira do río Armenteira ao seu paso polos municipios de Meis e Ribadumia. Activaremos os nosos sentidos co son de música ancestral en vivo, en plena natureza, o que dará paso a unha meditación guiada. Posteriormente, chegaremos ao mosteiro de Armenteira e, tras visitalo, relaxarémonos tomando unha infusión nas inmediacións.

Acto seguido, regresaremos ao hotel para gozar dun xantar tradicional con vistas ao mar.

Tras o xantar, dispoñeremos dun breve tempo libre para descansar ou dar un paseo polos arredores do hotel. Á hora acordada, trasladarémonos ao castro de Ribadumia, un poboado fortificado da Idade de Ferro e un dos castros máis importantes de Galicia, onde os nosos guías nos comentarán diferentes historias do lugar.

A continuación, volveremos ao hotel para gozar dunha sesión de Talasoterapia con Plantas Tradicionais.

Despois, dispoñeremos de tempo libre para prepararnos e, seguidamente, celebraremos a inesquecible cea de peche de Círculo da Viaxe, que constará dunha cea tradicional privada na Taberna Celta do hotel. Alí degustaremos unha mariscada única con marisco fresco de temporada regada cos mellores caldos da zona. Durante a cea estaremos acompañados por un grupo de música celta/folk e, ao final, realizaremos unha espectacular queimada, que dará paso ao peche desta marabillosa velada.

Descanso nos nosos confortables cuartos con vistas ao mar.

7.º día

Comezaremos o noso último día cun magnífico almorzo con vistas ao mar.

A continuación, trasladarémonos ao punto de inicio da viaxe para regresar á orixe. Isto ponlle fin á viaxe e a unha experiencia única que nos axudará a coñecer mellor a nosa fabulosa Galicia celta.

PROVEDORES:

Aloxamento en Gran Talaso Hotel Sanxenxo 4*.
Dous xantares en restaurantes:
Restaurante previsto en Fisterra Restaurante do Semáforo de Fisterra.
Restaurante previsto en Ribeira: A Bodega.
Guías provistos por Viajes Interrías.
Ruta en kaiak polas inmediacións da fervenza do Ézaro con Atlantis Aventura.
Navegación en barco viquingo polas augas das marismas de Catoira con Alvamar Náutica.
Transporte: Autocares Novas Rías.

Prezos IVE incluído por persoa, en cuarto dobre e paquete circuíto, baseados nun mínimo de 10 persoas. Os prezos inclúen única e exclusivamente os servizos detallados e están suxeitos a dispoñibilidade no momento de realizar a reserva en firme, podendo variar en función desta. O prezo non inclúe entradas a museos nin monumentos, guías oficiais, comidas extra en hoteis ou calquera servizo que non estea especificado. O conxunto dos servizos e elementos integrantes do paquete constitúe un servizo completo e indivisible, que non cabe fraccionar a efectos de utilización parcial ou de diminución de prezo. A renuncia ou non utilización, por parte do cliente, de calquera dos elementos ou servizos integrados non dará lugar a reembolso nin devolución ningunha. A orde das excursións e visitas pódese modificar en función dos días da semana e das datas do ano en que se realice a viaxe, segundo condicións climatolóxicas e loxísticas. Os horarios pódense modificar para adaptalos ás necesidades de cada grupo.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 2389 €
24 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precios IVA incluido por persona, en habitación doble y paquete circuito, basados en un mínimo de 10 personas. Los precios incluyen única y exclusivamente los servicios detallados y están sujetos a disponibilidad en el momento de realizar la reserva en firme, pudiendo variar dependiendo de ésta. El precio no incluye entradas a museos y monumentos, guías oficiales, almuerzos extra en hoteles o cualquier servicio que no esté especificado. El conjunto de los servicios y elementos integrantes del paquete, constituye un servicio completo e indivisible, y que no cabe fraccionar a efectos de utilización parcial o de disminución de precio. La renuncia o no utilización, por parte del cliente, de cualquier o cualesquiera de los elementos o servicios integrados, no dará lugar a reembolso ni devolución alguna. El orden de las excursiones y visitas puede modificarse en función de los días de la semana y de las fechas del año en que se realice el viaje, según condiciones climatológicas y logísticas. Los horarios pueden modificarse para adaptarlos a las necesidades de cada grupo.

Reserva:

Reserva bajo petición en el correo incoming@interrias.com También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual