GASTRONOMÍA E NATUREZA EN BRIÓN




Propoñémosche este paquete de aloxamento e actividade na zona de Brión, que combina produtos gastronómicos de calidade, un ambiente moi acolledor e unha boa oportunidade para conectar coa natureza.
É unha das moitas posibilidades que hai para enfocar o turismo dende un punto de vista sostible, afastándose da vida industrial e abafante do día a día.
QUE INCLÚE ESTE PAQUETE?
-Ruta dacabalo de 1 hora polos bosques de Brión.
-Unha noite de aloxamento en cuarto dobre con almorzo buffet no hotel Casa Rosalía.
-Cea degustación co seguinte menú:
Entrantes para compartir (pastel de escarapote, empanada de xoubas, croquetas caseiras de xamón, salteado de polbo e lagostinos, luriñas enceboladas).
Prato principal para elixir da carta entre: peixes, arroces ou carnes.
Sobremesa: variado especial de sobremesas da casa.
Viño da casa, café e licores da casa.
REQUISITOS
Grupo mínimo: 2 persoas.
Reserva previa.
CASA ROSALÍA – BRIÓN
ALOXAMENTO + ALMORZO + CEA MENÚ DEGUSTACIÓN
O hotel Casa Rosalía, situado a poucos quilómetros de Santiago de Compostela, en plena natureza, bríndache a oportunidade de combinares o aloxamento no seu acolledor hotel cunha cea no seu restaurante. A cea consiste nun menú degustación, ideal para os amantes da boa gastronomía. Non hai mellor maneira de achegarse ao produto máis natural de Galicia que cunha boa cea.
CABALOS – BRIÓN
As rutas de acabalo en Brión realízanse nunha zona de bosque moi próxima a Bertamiráns e a Santiago de Compostela.
O club de hípica está nun lugar privilexiado, rodeado de vexetación e a medio camiño entre Santiago e Noia.
Estas rutas son unha boa opción tanto para iniciarse no marabilloso mundo da equitación como para, simplemente, levar a cabo unha actividade de aventura e adentrarse na natureza.
As nosas saídas están coidadosamente seleccionadas; as rutas transcorren por bosques, camiños e sendeiros afastados do boureo da cidade.
Oferta válida de setembro a marzo. Grupo mínimo: 2 persoas.