Galicia Destino Sostible

Hotel e visita a adega nas Rías Baixas

O Hotel Montemar 3*, á beira da ponte da illa da Toxa, ofrece tranquilidade para pasear e gozar dos seus parques e xardíns. Está situado ao principio do paseo marítimo que conduce ao porto pesqueiro do Grove, moi próximo á praia da Lanzada e ás rutas de sendeirismo de San Vicente do Mar e Pedras Negras. Un aloxamento ideal para descubrir as Rías Altas e Baixas e Santiago de Compostela.
Ofrécese unha estancia para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo buffet, con praza de aparcadoiro descuberta incluída durante toda a estancia.

A Adega Eidos é unha adega de carácter familiar que inicia o seu proxecto empresarial no ano 2000. Leva elaborando viño albariño baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas dende o ano 1993 e inaugurou as novas instalacións en Sanxenxo no ano 2003. Está situada no extremo meridional da subzona «Val do Salnés», ao abeiro dunha ladeira denominada «Padriñán», pola que se espallan infinidade de pequenas plantacións inmemoriais.

Esta zona, con vistas privilexiadas sobre a vila de Sanxenxo e a boca da ría de Pontevedra, posúe un microclima de seu, idóneo para o cultivo da vide, que, unido ás peculiaridades xeográficas do solo, dá como resultado unha uva cun equilibrio inmellorable de ácidos e azucres e cun grao de maduración óptimo.

Esta conxunción, de sona indiscutible no sector, deu orixe a un viño albariño cunha identidade propia que se intensifica co paso dos anos.

Visita guiada á adega con degustación de viños da zona.
(A adega está en Sanxenxo; o transporte corre por conta do cliente).
Consultar horarios e dispoñibilidade cando se confirme a reserva.
Oferta válida dende 04/2023 ata 10/2023.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 80 €
20 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precios desde. Sujeto a disponibilidad. Consultar tarifa dependiendo de las temporadas.

Reserva:

Reservas: info@hotelmontemar.net 986730735