ILLA DE SAN SIMÓN + MUSEO DE MEIRANDE. RUTA INTERPRETATIVA






Unha excursión na que navegaremos polo interior da ría de Vigo, baixo a impoñente ponte de Rande —toda unha icona da ría viguesa— para adentrarnos na misteriosa enseada de San Simón e coñecer as súas lendas e historias, entre a realidade e a ficción de novela. Achegarémonos ás crónicas de monxes, ás incursións de piratas como Francis Drake, aos usos da illa como lazareto marítimo ou como campo de concentración durante a guerra civil española, entre outros. Inclúese visita ao museo de Meirande.