Xornada de BIG SUP pola baía de Baiona e a ría de Aldán

Ven vivir unha divertida experiencia no mar coa túa familia ou amigos nun BigSup, modalidade en grupo de paddle surf que combina o exercicio ao aire libre co adestramento do equilibrio, a coordinación e o bo traballo en equipo.
Dar un paseo en BigSup pola baía de Baiona e pola ría de Aldán, padexar preto de fermosas calas, achegarse a diferentes praias, coñecer de cerca unha batea, o proceso da cría, engorde e recollida do mexillón, e realizar numerosos xogos na auga para culminar esta gran experiencia nas nosas cálidas e transparentes augas atlánticas.
Saídas dende o porto de Panxón cunha duración de 2-3 horas.