Galicia Destino Sostible

Espazo Empresas Volver ao inicio

Xornada de escalada con vistas no monte Galiñeiro (Gondomar)

No marco incomparable da ría de Vigo, coa súa barreira natural das Illas Cíes e Ons (Parque Natural das Illas Atlánticas), atópase o noso lugar de actividades: o monte Galiñeiro. O pico máis elevado, de 709 m, está en Gondomar. É un dos cumios máis altos das Rías Baixas e o seu cumio é un verdadeiro balcón a toda a área metropolitana de Vigo, ao Val Miñor e ao Val do Louro, así como ao infinito océano Atlántico.
Vivir unha experiencia na montaña é un plan divertido; e se é subindo e gabeando cos teus amigos/as e compañeiros/as, cadaquén ao seu ritmo, inda mellor.
Respirar na montaña, agatuñar coma un gato ou unha cabra, vencer os medos e superarse, sacar forzas, superar límites e divisar unhas vistas de escándalo son, sen dúbida, un aperitivo do que supón escalar.
Inclúe técnicos/monitores especialistas e material (casco e arnés) – Xornada de 4 horas de duración – Idade mínima para participar: 6 anos.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 30 €
20 Persoas Min.
Condicións de reserva

Incluye técnicos/monitores especialistas y material (casco y arnés) – Jornada de 4 horas de duración – Edad mínima para participar de 6 años.

Reserva:

686 654 060 info@ayukotour.com También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual