Galicia Destino Sostible

Kaiak a San Simón / Entre Golondrinas

Queres descubrir lugares impresionantes da forma máis entretida posible?
Acompáñanos a través das augas para descubrir os segredos de Galicia: a súa natureza (fauna e flora do río Miño) co Kaiak Entre Golondrinas, e a historia da illa de San Simón e a flora e fauna da súa enseada con Kaiak a San Simón.

Kaiak a San Simón:
Un lugar cargado de sorpresas.
Dende épocas prehistóricas utilizouse con distintos fins: relaxación, leprosaría, cárcere para presos políticos, orfanato…
Aínda non a coñeces? Non a podes deixar escapar. Embarca connosco nunha viaxe única, onde vas remar, rir, mollarte e gozar na mellor compaña e coa máxima seguridade.
Saída dende Cesantes (Redondela). Apto para nenos a partir de 6 anos, sempre acompañados de adultos.

A visita inclúe:
-Kaiak autobaleirable.
-Pa e chaleco.
-Monitor de kaiak e guía especializado na illa.
-Visita á illa de San Simón.
-Seguros necesarios.
-Grupo reducido para unha visita de mellor calidade.

Kaiak Entre Golondrinas:
A natureza ten moito que mostrarche, e que mellor que facelo mentres te refrescas, batuxas ou xogas.
Relaxarse e divertirse é posible, e nós ímoscho mostrar nesta ruta sinxela, de aproximadamente 3 km, que discorre entre dous países: España e Portugal.
Teremos momentos de observación de fauna, veremos as pesqueiras (construción usada para pescar a lamprea), mollarémonos, relaxarémonos mentres nos rodean as andoriñas e sairemos do río máis vivos ca nunca.
Miñatos, parrulos e todo un mundo natural por descubrir nesta actividade sostible de ecoturismo activo.
Non a deixes escapar!
A visita inclúe:
-Kaiak autobaleirable.
-Pa e chaleco.
-Monitor de kaiak.
-Seguros necesarios.
-Grupo reducido para unha visita de mellor calidade.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 35 €
20 Persoas Min.
Condicións de reserva

Necesario reserva previa

Reserva:

https://alecrinactividades.com/actividades/kayak-en-galicia/