Ioga e mindfulness en veleiro







Goza dunha experiencia única e exclusiva de ioga: meditación e navegación para un pequeno grupo de 5 a 8 persoas.
É sabido que a práctica de ioga e meditación proporciona múltiples beneficios físicos e mentais. Pero, se ademais a realizamos ao aire libre e rodeados de natureza nunha contorna única, sen ningunha dúbida os efectos destas ferramentas milenarias veranse intensificados de forma exponencial.
Será unha xornada de desconexión e desfrute na que practicaremos a atención plena ou mindfulness: respiración consciente. Unha oportunidade para viaxar a través dos nosos cinco sentidos dunha maneira especial e consciente que nos axudará a conectar co presente e con nós mesmos.
As prácticas estarán concibidas para todos os niveis de tal forma que regresarás á casa cunhas sinxelas ferramentas que che axudarán a liberarte do estrés e a reconectar de novo cando o volvas necesitar.
Para ir conectando o corpo e a mente de maneira progresiva, realizaremos diversas prácticas:
Ao longo da travesía, e aproveitando os beneficios do mar, faremos uns minutos de respiración consciente ou Prānāyāma, seguidos dunha meditación de atención plena (25 min aproximadamente).
Posteriormente, e xa en terra, realizaremos unha práctica de ioga flow duns 75 min nalgún pantalán tranquilo, lonxe do barullo da cidade, con espazo abondo para gozar da nosa sesión de asanas.
Programa:
– Benvida a bordo e explicación da ruta de navegación.
– Comeza a travesía rumbo á enseada de San Simón, na que nos deixaremos levar a vela, co motor apagado, sentindo o mar preto e o vento na nosa cara. Fluír co vento e o mar.
– Na cuberta, faremos respiración consciente e meditación para cultivar a atención plena.
– Té a bordo e tempo para gozar da navegación.
– Chegada ao noso destino: ser conscientes da terra baixo os nosos pés e respirar a brisa do mar ha axudarnos a conectar para a práctica de ioga.
– Teremos tempo para camiñar pola praia, nadar, tomar o sol ou relaxarnos na cuberta.
Material recomendado:
Esteira de ioga. No caso de non dispoñer, podemos proporcionar unha (aviso previo).
Calzado pechado para andar pola cuberta con seguridade (escarpín, deportiva de sola de goma de cor clara. O calzado con sola escura está prohibido a bordo).
Traxe de baño, impermeable, roupa cómoda para as prácticas e roupa que te protexa do vento e abrigue se o tempo é fresco.
Lentes de sol con fita ao pescozo, pucha, unha toalla e crema solar de alta protección.