Galicia Destino Sostible

Natureza e adrenalina – Actividade para grupos e equipos

Dende Infinita Viajes convidámoste a mergullarte na natureza e a pasar unha fin de semana de desconexión e adrenalina, a un pasiño da capital galega. Comezaremos a aventura no hotel Casa Rosalía, en Brión, un establecemento que soubo conservar a esencia das casas tradicionais do rural galego e combinala con toques modernos para dar como resultado un lugar acolledor e tranquilo, que aposta polo coidado de medio e a sostibilidade.
Dende alí sairemos en dirección a Carcacía para realizar a actividade de hidrospeed, un descenso cheo de adrenalina, risas e diversión polo río Ulla. Equiparémonos con neopreno, aletas, casco e chaleco, colleremos a hidro-zorra e lanzarémonos a gozar desta aventura.
Ao rematar, regresaremos ao noso hotel, Casa Rosalía, para descansar. Ao día seguinte desfrutaremos dun estupendo almorzo antes de emprender o regreso.

O HOTEL – CASA ROSALÍA
Casa Rosalía é un hotel rural con encanto sito no concello de Brión, a 10 km do centro de Santiago de Compostela, en Galicia. Un ambiente tranquilo e acolledor, a calidade e decoración das súas instalacións e a súa proximidade aos principais puntos de interese turístico son algunhas das razóns polas que debes vir ao hotel Casa Rosalía a pasar unha fin de semana en Galicia na compaña dos teus compañeiros ou amigos.

A ACTIVIDADE – HIDROSPEED
A actividade de hidrospeed en Carcacía está coordinada por Amextreme, unha empresa de aventura especializada na zona e en actividades para equipos.

A nosa oferta inclúe:
1 noite de aloxamento no hotel Casa Rosalía.
Almorzo.
Actividade de hidrospeed.
Equipamento para a actividade e seguro de responsabilidade civil.
Prezo por persoa en cuarto dobre, para un mínimo de 4 persoas. Suxeito a dispoñibilidade.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 85 €
10 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precio por persona en habitación doble, para un mínimo de 4 personas. Sujeto a disponibilidad

Reserva:

Puedes solicitar la reserva de esta oferta en nuestro teléfono: 981937832 (llamada o whatsapp) o bien a través de nuestro email: info@infinitaviajes.com