Oferta de casa completa
Convidámoste a coñecela. Concédete un deses pequenos praceres da vida, dado que o noso encanto está nos pequenos detalles.
Un ambiente moi agradable para descubrir unha Galicia fantástica, que namora coas súas paisaxes, coas súas xentes e, moi especialmente, coa súa gastronomía. A casa ofrece 7 cuartos luminosos, moi espazosos, calefacción, TV LCD, rede wifi gratuíta, dous amplos salóns comedores con ambientes e estilos diferentes, unha típica lareira galega con cheminea cassette que te convida a desfrutar da calor acolledora dun establecemento rural, unha cociña cun forno de pedra coidadosamente restaurado e unha cociña de leña cunha mesa para sentar a comer arredor dela. Ademais, está totalmente equipada con electrodomésticos, vaixelas, xogos de cubertos, lavadora e lavalouzas.
Tamén podes atopar zonas comúns e grandes xardíns con árbores centenarias e autóctonas, unha zona cuberta cun asadeiro, unha zona chill-out e un aparcadoiro iluminado totalmente privado.
Moi próxima ao Recinto Feiral Semana Verde de Galicia.
Situada no centro de Galicia, en pleno corazón verde da comarca do Deza, rica pola súa variada gastronomía (o cocido de Lalín ou a empanada de Bandeira), moi cerca de Santiago de Compostela e a unha hora aproximadamente das Rías Baixas, na Vía da Prata do camiño a Santiago e xunta ao Camiño de Inverno (que se une á Vía da Prata no municipio de Lalín).
Lugares de visita moi próximos: a fervenza do río Toxa, o mosteiro de Carboeiro, o pazo de Oca, o pazo de Santa Cruz, a fervenza de Escuadro e o santuario da Saleta (Siador).
Oferta de casa completa: 258 euros/noite. Capacidade máxima: 14 persoas (adultos + nenos).