PAQUETE GASTRONÓMICO CASA ROSALÍA






Casa Rosalía é un hotel rural con encanto sito no concello de Brión, a 10 km do centro de Santiago de Compostela, en Galicia. Un ambiente tranquilo e acolledor; a calidade e decoración das súas instalacións; un esmerado restaurante á carta; unha excelente relación calidade-prezo, e a súa proximidade aos principais puntos de interese turístico… estas son algunhas das razóns polas que debes vir ao hotel Casa Rosalía e gozar na compaña da túa familia ou da túa parella.
O restaurante atópase na casa rural de labranza e componse de tres espazos distintos que crean un ambiente tranquilo no que degustar a nosa cociña tradicional galega: o Comedor da Lareira, na antiga cociña da casa, é o lugar ideal para comer ou cear á calor do lume da cheminea; o Comedor de Bastavales, sito nas antigas cortes da casa, está pensado para que os grupos de entre 12 e 16 persoas dispoñan dun lugar privado onde celebrar unha reunión familiar ou de amigos, e no Comedor do Claustro poderás contemplar o xardín interior e o cruceiro mentres saboreas algunha das nosas especialidades. Esta división do restaurante en distintos salóns transmite un ambiente tranquilo e acolledor, tanto se vés en compañía da túa parella ou amigos como se queres celebrar algunha xuntanza familiar ou de empresa.
Desfruta deste aloxamento con encanto e saborea o noso menú degustación, representativo da cociña «Casa Rosalía», ideal para os amantes da boa gastronomía e perfecto para unha velada inesquecible.
Inclúese: 1 noite de aloxamento en cuarto dobre con almorzo buffet e 1 cea para 2 persoas co seguinte menú:
Entrantes para compartir (pastel de escarapote, empanada de xoubas, croquetas caseiras de xamón, salteado de polbo e lagostinos, luriñas enceboladas).
Prato principal para elixir da carta entre: peixes, arroces ou carnes.
Sobremesa: variado especial de sobremesas da casa.
Viño da casa e café.
Licores da casa.