PRIMAVERA E OUTONO CULTURAL EN HOTEL VILLA COVELO






Únete a nós e emprenderás unha viaxe que vai dende a Prehistoria ata os nosos días, pasando pola Idade Media —onde estudaremos a teoría do Cristóbal Colón galego—, da man dun experto en cada materia.
Mostrarémosche oficios tradicionais, como o das mariscadoras, os canteiros ou as redeiras.
Coñecerás os nosos monumentos, as súas lendas, os lugares onde habitan as mouras, os espazos onde as meigas celebraban aquelarres, a nosa relación co inframundo e distintos ritos protectores, así como as nosas tradicións e festas coma Os Maios, San Xoán e a Rapa das Bestas.
Inclúe:
– 1 noite en cuarto dobre con vistas ao mar.
– Detalle de benvida.
– Relatorio cultural.
– Actividade con produtos de Km 0.
– Cea no hotel con degustación de produtos Km 0.
– Late check-out (ata as 14.00).
Mellora a túa experiencia contratando as seguintes actividades fóra do prezo da oferta:
• «Coñece o marisqueo en Combarro».
• «Percorre a illa de Tambo».
NOTA: Para estas 2 actividades, contacta coas empresas que as realizan. Nós podémosche axudar coa reserva, que deberás aboarlles aos provedores das actividades directamente.
Release de 6 días. Mínimo: 10 persoas. Gastos de cancelación se se cancela 6 días antes da data.