PUENTING E BARRANQUISMO EN NOIA
DÍA 1. PONTE NAFONSO. PUENTING
En Noia o puenting lévase a cabo sobre o río Tambre, en Ponte Ceilán, tamén coñecida como Ponte Nafonso.
O salto en si consiste nun grande balanceo, suxeitos á ponte mediante arneses e dúas cordas dinámicas.
O movemento é pendular, pois sáltase dende un lado da ponte e as cordas están aseguradas no outro.
A sensación, inda que breve, é moi intensa; dura aproximadamente 5 minutos, pero é, de certo, o exercicio que libera máis adrenalina.
Primeiro, sentes toda a tensión de decidir dar o salto ao baleiro. Logo, liberas toda esa enerxía ao saltar e notar como a corda te suxeita polo arnés da cintura. Unha auténtica liberación!
Non se debe confundir o puenting co gooming, xa que o puenting é un movemento pendular e faise con cordas dinámicas, mentres que o gooming é un movemento vertical e faise con cordas elásticas.
CARACTERÍSTICAS DO SALTO
A altura da ponte é de 35 metros e o salto será de 20 metros aproximadamente.
DURACIÓN
Tempo aprox. 5 min por salto (entre saltar, balancearse e recuperar a posición).
Consultar horarios.
REQUISITOS: A idade mínima son 16 anos (os menores de idade necesitan vir acompañados dun titor e unha autorización dos pais).
O puenting non é recomendable para as persoas con problemas de costas, diabetes, posibilidade de desprendemento de retina ou patoloxías coronarias.
Mínimo de participantes para realizar a actividade: 4 persoas (se sodes menos, consultade).
Peso límite do participante: 100 kg.
Aloxamento en Atmos Hotel Boutique, un novo concepto de hotel homenaxe onde cada estancia é unha nova experiencia. Un espazo para desconectar e deixar fluír os sentidos grazas ao noso singular deseño, aberto á paisaxe natural que nos rodea, o trato familiar do noso persoal, os amplos cuartos, as terrazas, os xardíns e as cubertas vexetais. Aparca a tensión diaria na nosa piscina infinity e culmina a experiencia coa nosa proposta gastronómica.
Cea no restaurante do hotel e aloxamento.
DÍA 2. RÍO RIBEIRIÑO. BARRANQUISMO
O barranquismo no río Ribeiriño realízase nun lugar moi próximo á Serra de Outes, na provincia da Coruña.
Nas inmediacións atópase Noia, Ponte Nafonso, a desembocadura do río Tambre e a ría de Muros e Noia.
É un barranco de nivel medio, apto para xente que xa ten experiencia en rappel.
Non ten saltos nin tobogáns; unicamente ten rappels (o máis alto, de ata 30 m).
Discorre por un bosque moi frondoso, de vexetación exuberante. Para progresar deberemos realizar unha sucesión de rappels acuáticos, polo que este descenso é unha actividade bastante técnica e potente.
REQUISITOS: ter feitos os 14 anos (os menores de 16 anos deberán vir acompañados dunha persoa responsable).
O NOSO PREZO INCLÚE:
Aloxamento no Atmos Hotel Boutique.
Cea no hotel o primeiro día.
Actividades mencionadas no itinerario.
Asesoramento.
Escapada de 2 días para actividades de puenting e barranquismo. Para a actividade do barranquismo requírese un mínimo de 4 persoas. Tarifa dinámica e por persoa en ocupación dobre, suxeita a dispoñibilidade no momento de efectuar a reserva.