Galicia Destino Sostible

Rías Baixas Petfriendly & Sostible

En Abramar comprometémonos a que poidas vivir experiencias únicas a través dun turismo sostible e de calidade, respectuoso co destino e coas xentes que o habitan. Organizamos experiencias de varios días e de cuño 100 % galego, tanto para parellas como para grupos reducidos, nas que poñemos toda a nosa dedicación, know-how e amor polo destino para que non teñades que preocuparvos por nada. Por iso non dubidamos en ofrecervos a oportunidade de vivirdes experiencias únicas nas Rías Baixas.

A oferta de turismo de experiencias nas Rías Baixas é atractiva e variada. Descubre a riqueza do territorio, a súa cultura, tradicións, etnografía, gastronomía, artes de pesca e os seus segredos culinarios sen separarte en ningún momento da túa mascota.

Estas experiencias están totalmente vencelladas ao patrimonio, á gastronomía e ao lecer. Por iso che ofrecemos a posibilidade de combinárelas de forma personalizada, para que poidas contar en todo momento cunha viaxe feita á medida.

O aloxamento nun dos hoteis con maior encanto das Rías Baixas, rodeado de viñedos, forma parte desta experiencia. Ademais, terás a oportunidade de navegar e descubrir o oficio da pesca artesanal, de saber como se cultivan as famosas ameixas de Carril, de realizar rutas de sendeirismo coma a da Pedra e a Auga e de saborear a gastronomía local sen ter que renunciar á compaña da túa mascota.

A experiencia inclúe:

• Aloxamento en AD en hotel con encanto.

• Ruta de pesca tradicional pola ría.

• Xantares e ceas en restaurantes con encanto.

• Experiencia marisqueira con degustación.

• Visita guiada a Cambados.

• Ruta da Pedra e a Auga.

Comprometémonos á máis exquisita organización 24/7 para que só vos preocupedes de desfrutar do destino.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 875 €
12 Persoas Min.
Condicións de reserva

Desde 875

Reserva:

https://www.abramarmice.com/#dmc También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual