Rías Baixas sostibles en esencia: enoloxía, gastronomía e pesca



En Abramar comprometémonos a que poidas vivir experiencias únicas a través dun turismo sostible e de calidade, respectuoso co destino e coas xentes que o habitan. Organizamos experiencias de varios días e de cuño 100 % galego, tanto para parellas como para grupos reducidos, nas que poñemos toda a nosa dedicación, know-how e amor polo destino para que non teñades que preocuparvos por nada.
A oferta de turismo proposta non se pode desvincular da esencia das Rías Baixas: viño, gastronomía e pesca.
Estas experiencias están totalmente ligadas á enoloxía, no maior viñedo das Rías Baixas; á pesca, coa visita á maior lonxa de baixura e altura de Europa, e á gastronomía, cos dous únicos restaurantes con estrela verde e dúas estrelas Michelin de Galicia.
A experiencia inclúe:
Aloxamento en AD en hotel 4*.
Visita a adega con cata incluída.
Visita ao porto pesqueiro de Vigo.
Visita guiada pola ría de Vigo a un polígono de bateas.
Visita ao centro histórico de Vigo.
Visita con actividades á illa de San Simón.
Xantares e ceas en restaurantes das Rías Baixas Km 0 e con dúas estrelas Michelin.
Comprometémonos á máis exquisita organización 24/7 para que só vos preocupedes de desfrutar do destino.