Galicia Destino Sostible

Ruta artes de pesca da ría de Arousa

Queres coñecer a nosa cultura mariñeira? Durante a nosa travesía ímosvos mostrar como a nosa cultura mariñeira marca a nosa maneira de ser e de vivir. O respecto polo medio mariño e a súa conservación son fundamentais para a zona. Aprenderemos a valorar os produtos do mar a través do coñecemento do duro traballo dos mariñeiros.
Poderedes ver de primeira man como se cultiva o mexillón, como se extraen ameixas dende unha embarcación ou tamén a pé, as navallas, os camaróns… O coñecemento é o que favorece unha correcta conciencia da necesidade de conservación do medio natural.
Á vosa chegada ao porto, seguro que estaredes desexando catar todos estes produtos do mar!!!

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 30 €
24 Persoas Min.
Condicións de reserva

Mínimo 2 personas

Reserva:

https://www.amareturismonautico.com/tour/ruta-de-las-artes-de-pesca/