Ruta dos castros





Coñeces Redes? Vas dicir que si. Tomaches algo na rampla no bar de Emi mollando os pés? Vas dicir que si. Viches Redes dende o mar? A que non!!!
Só dependerá da marea… para maior comodidade, para atracar o catamarán eléctrico e accesible na rampla do porto de Redes, para iniciar A RUTA DOS CASTROS, para entender un pouco mellor por que hai máis de 2000 anos mulleres e homes ocupaban os illotes que marcan a holografía da ría de Ares.
Que poderás ver…? Todo o que a vista alcance e faga voar a túa imaxinación; praias ás que non se accede por terra, unha vexetación exuberante que acariña o mar e alberga moitas aves… e algún celta mariscando entre as rochas. Ben, celta dos de antes poida que non sexa, pero o marisco si que é de agora.
Empezaremos o percorrido dende Redes bordeando Cabanas, Pontedeume, Centroña e a Carboeira ata as Mirandas para volver ao porto de Ares ou Redes, como prefiras.
Seguro que caerá algo de picar a bordo; sempre cae, produtos de Km 0, como non pode ser doutra maneira.
Navegaremos unhas 3 horas, que verás, pasan voando ou, mellor dito, navegando.