Ruta Starlight en barco pola ría de Vigo




Propoñémosche unha actividade moi especial: unha ruta Starlight pola ría de Vigo a bordo dun barco tradicional.
Grazas á súa extensa cuberta poderás gozar da atardecida e do ceo da ría da mellor forma.
Unha guía especializada en astronomía da empresa Alecrín Actividades y Aventuras será quen vos explique o fascinante mundo das estrelas e as súas constelacións. Son moitas as curiosidades que vos sorprenderán. Unha viaxe para coñecer o mar e o ceo dunha forma diferente.
Iremos cara á zona norte da ría para buscar a menor contaminación luminosa posible. Dende alí explicarémosvos todo acerca do ceo estrelado. Admítese pouca xente a bordo para que esteades cómodos e poidades gozar do mar da mellor maneira. Unha auténtica experiencia Starlight no medio da ría de Vigo.
A actividade realizarase cun mínimo de 8 persoas.