Galicia Destino Sostible

Ruta Terra e Mar en Cambados

Queremos que vos internedes na Galicia máis auténtica, na Galicia mariñeira, mais tamén que desfrutedes da súa terra e dos seus viños. E por iso, nesta ruta mar e terra porémosvos en contacto coas súas xentes nunha das zonas onde todo isto conflúe: Cambados.

A ruta consiste en:
– Taller de marisqueo: coñeceredes a pé de praia o duro oficio das mariscadoras. Elas mesmas han ser as vosas guías e mostrarvos os distintos bivalvos da zona. Berberechos, ameixas ou navallas son algunhas das especies que poderedes ver na zona.
– Visita aos viñedos do pazo de Fefiñáns: declarado Ben de Interese Cultural no 2012, nos seus viñedos medran algunhas das cepas de uva albariña máis antigas da zona do Salnés. Serán as actuais herdeiras as que vos acompañarán durante a visita. Probaredes os seus fabulosos viños nunha cata comentada. En función da dispoñibilidade e dos horarios, visitaremos os viñedos da adega Gran Bazán, onde poderedes degustar os seus deliciosos viños. *Pódese substituír por outra adega.
– Unha fábrica conserveira por dentro: se es unha persoa curiosa, vaiche encantar descubrir o proceso de conservación dos produtos do mar que viches anteriormente. Levámoste a unha conserveira artesanal para comprobares de primeira man como se traballa o marisco. Para rematar, poderás degustar algunhas das súas conservas. Unha experiencia ben sabedeira.

A ruta non é cronolóxica, xa que estamos a mercé da marea. Contáctanos sen compromiso para consultar dispoñibilidade e horarios.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 60 €
30 Persoas Min.
Condicións de reserva

Grupo mínimo de 4 personas

Reserva:

https://bluscus.es/tour/ruta-tierra-y-mar-en-cambados/ También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual