Galicia Destino Sostible

Turismo sostible: rural e de praia. San Vicente en bicicleta

O Camping Paisaxe II é un referente no sector do cámping en Galicia. Está situado nunha contorna natural e de praia, en San Vicente do Grove, a 7 km do centro do Grove e a 12 km de Sanxenxo, vila turística por excelencia. Nas nosas instalacións gozarás da tranquilidade que ofrece esta zona. Coidamos cada detalle para que a túa experiencia sexa satisfactoria.

O cámping conta cunhas instalacións ben coidadas e con actividades de ocio para toda a familia. Garantímosche que poderás dispoñer do tamaño de parcela que mellor se adapte ás túas necesidades.

Ven coñecer este paradisíaco enclave rodeado de calas preciosas no corazón das Rías Baixas de forma sostible. A nosa oferta inclúe:
• 1 noite de parcela para 2 pax con tenda de campaña/furgo/AC/caravana.
• Acceso a todas as instalacións do cámping, incluídos piscina/jacuzzis.
• Ruta en bicicleta ou a pé.

A ruta PR-G 115 de Adro Lanuxe sitúase dentro do Espazo Natural «Complexo Ons-O Grove», que forma parte da Rede Natura 2000. Iniciamos o camiño bordeando a costa e contemplando fermosas praias de augas cristalinas e area fina. Unha parada obrigada é a visita á antiga fábrica de salga coñecida como Salgadeira de Barcela.
Este ruta toma o nome dos restos arqueolóxicos da necrópole que recibe o nome de Adro Vello, sita na beira do mar, onda a praia do Carreiro, e que ao longo da historia albergou unha vila romana e unha fábrica de salga, así como outros asentamentos de antigos poboadores.

A ruta principal mide 3,03 km e a derivación de ida e volta, 80 m. Duración: 1 hora e 15 minutos.
Unha ruta pola historia!

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 46 €
12 Persoas Min.
Condicións de reserva

Oferta para 2 pax / 1 noche

Reserva:

Teléfono: 986 738 331 Correo electrónico: info@campingplayapaisaxe.com