Servizo guiado no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia



Magnífico, espectacular, incrible…
O Parque Nacional das Illas Atlánticas é un lugar para descubrir, cargado de biodiversidade, historia, lendas… Un lugar onde o illamento xogou un papel fundamental que obrigou á adaptación dos seus habitantes: flora, fauna e ser humano. Quedarás sen palabras.
Non o visites…. Coñéceo, enténdeo, descúbreo… Víveo!
O único Parque Nacional de Galicia, a máxima figura de protección ambiental. Ven coñecer todos os seus segredos da man dun guía acreditado e experto na materia (titulados en materias de ciencias).
Non deixes atrás ningún dos seus arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada; todos eles te han de sorprender.
Servizo guiado en illa ou dende a saída do porto. Escolle a illa en función da época da túa visita e dos teus gustos. Posibilidade de media xornada ou xornada completa.
Máis información: consultar.