SNORKEL E CAMIÑO DE SANTIAGO EN KAIAK




ITINERARIO:
DÍA 1. SANXENXO – ILLA DE AROUSA
Este día aloxarémonos no Hotel Carlos I Silgar 4*, que se atopa na rúa Vigo, en pleno centro de Sanxenxo, a menos de 1 minuto da praia de Silgar, unha das máis coñecidas das rías galegas. Sanxenxo, capital turística das Rías Baixas, constitúe un enclave único que reúne riqueza cultural e paisaxística. Ofrece, ademais, diversas opcións para realizar actividades de lecer e tempo libre, tanto acuáticas como de interior.
Este día realizaremos a nosa actividade do Camiño de Santiago en Kaiak.
A día de hoxe, moitas son as variantes relacionadas co Camiño de Santiago, pero poucas ou ningunha tan orixinal como a que che propoñemos: unha ruta inesquecible en kaiak pola ría de Arousa e o río Ulla dende Vilanova de Arousa ata Pontecesures en dúas etapas, rememorando a denominada Traslatio e remontando a ría de Arousa dunha forma activa e moi divertida.
No traxecto en kaiak poderás desfrutar de paisaxes únicas, de praias idílicas, illas que parecen aboiar no medio do mar e mesmo un viacrucis fluvial único no mundo que sinala o camiño que realizou o corpo do Apóstolo —segundo conta a lenda— nunha barca de pedra ata Iria Flavia, punto no que a Variante Espiritual volve unirse co Camiño Portugués.
Durante o percorrido en kaiak poderás descubrir a forma de vida das vilas costeiras polas que pasa a ruta e as súas famosas bateas, onde engorda o tan prezado mexillón; visitar lugares tan especiais como a illa de Cortegada, pertencente ao parque Nacional das Illas Atlánticas; navegar entre os famosos parques de cultivo da ameixa de Carril; descansar en praias de augas cristalinas e area fina, como a de Bamio; viaxar no tempo ao paso polas torres viquingas de Catoira e relaxarte entre xuncos e illotes pequenos ao longo da travesía ata chegar a Pontecesures.
A duración desta actividade será de 8 horas aproximadamente.
Cea no Snack Bar e aloxamento no Hotel Carlos I Silgar 4*.
DÍA 2. SANXENXO – ILLA DE AROUSA
Este día pola mañá realizaremos unha actividade chamada snorkel, porque, se por algo se caracteriza o litoral de Arousa, é pola súa riqueza e pola vida que hai nas súas augas. Dende estrelas de mar a nécoras. O escenario perfecto para que te mergulles e goces da actividade «Snorkel Illa de Arousa».
O litoral conta con augas pouco profundas e, coa marea en condicións óptimas, é unha actividade accesible e fácil de realizar. Ten en conta que se trata de mergullo en superficie, en apnea e con máscaras de snorkel, polo que se pode practicar sen ter coñecementos previos. Se dúbidas entre snorkel ou mergullo, diriámosche que, se non tes experiencia, é mellor que te decantes polo snorkel, sobre todo pola facilidade coa que podes desenvolver esta actividade.
É unha boa forma de entrar en contacto co medio e de iniciarte nas actividades acuáticas.
O NOSO PREZO INCLÚE:
1 noite no Hotel Carlos I Silgar 4*.
Cea do primeiro día en Snack Bar.
Actividades mencionadas no itinerario.
Equipamento especial para a práctica de actividades e asesoramento.
Escapada de 2 días a Sanxenxo para actividades acuáticas na Illa de Arousa. Para o traxecto en kaiak requírese un mínimo de 4 persoas. Tarifa dinámica e por persoa en ocupación dobre, suxeita a dispoñibilidade no momento de efectuar a reserva.