Galicia Destino Sostible

SUPERNOITE NUN FARO

o Hotel Semáforo de Fisterra é un novo concepto de hotel: delicado, exquisito, coqueto, onde poder agasallar os cinco sentidos nun enclave único na «fin da terra».

Todos os espazos están decorados con imaxes da cultura gastronómica de Galicia e o establecemento está dotado cos servizos propios dun hotel de categoría superior.

Os seus 6 cuartos tematizados e unha coidada decoración farán que vivas unha experiencia inesquecible.

Poderás degustar o noso orixinal almorzo continental na nosa sala-miradoiro mentres contemplas os lindes da terra e desfrutas dunha carta de restaurante con propostas elaboradas con produto Km 0; un produto de calidade.

O Hotel Semáforo conta co rexistro da pegada de carbono, con emisións neutras… Tamén dispón de cargador eléctrico de vehículos.

Ven pasar unha noite na nosa suite con bañeira hidromasaxe; ao espertar espérate un almorzo na nosa sala-miradoiro; almorzo continental, completo e de calidade.

Para cear, degusta o noso menú con produto Km 0 maridado cun bo viño de selección…

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 300 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

sujeto a disponibilidad, temporada baja