SURF CAMP CORRUBEDO
Desconexión e bo surf na Galicia máis auténtica.
Viaxa cun reducido grupo de surfeiros a un destino de surf clave nas Rías Baixas. Mellora o teu surf da man dos nosos técnicos experimentados e namórate dun dos mellores atardeceres de Galicia. Pasea por carreiros salvaxes e surfea en spots pouco concorridos que aseguran ondas todo o ano. Atréveste a descubrir a Galicia máis salvaxe?
– Surf diario nos mellores spots.
– Desprazamento aos mellores spots da zona.
– Equipo de surf incluído adaptado ao nivel do alumno/a.
– Videocorrección técnica.
– Unha clase de surf e unha sesión adicional de surf supervisada cada día con vídeo corrección.
– Aloxamento en réxime de media pensión.
– Varias opcións para elixir segundo datas: vila de Corrubedo ou arredores.
– Cuartos dobres ou triplos con media pensión.
– Ampla terraza con chill-out e bar con todos os servizos.
– Excursións:
Ruta de sendeirismo para coñecer as dunas de Corrubedo e o lago. Castros de Baroña.
Lonxa de Ribeira e Santiago de Compostela (opcional).
– Unha viaxe en grupo reducido, máximo 14 prazas, para que recibas a mellor atención dos nosos monitores.
– Mellora da técnica: filmación en vídeo das sesións con videocorrección diaria por coach especializado para que mellores o teu surf.
PROVEDORES:
1. Surf: PRADO SURFING SL.
2. Aloxamento, excursións e comidas: VIAJES INTERRÍAS (Club Galicia Destino Sostible).
Unha viaxe en grupo reducido, máximo 14 prazas, para que recibas a mellor atención dos nosos monitores. Prezo por persoa; inclúe 6 días/5 noites.