Team Building con xincana en bicicleta pola Illa de Arousa
Que che parece coñecer o noso municipio a través dunha xincana para bicicletas na Illa de Arousa? Porque das diferentes formas que tes ao teu dispor para visitares A Illa de Arousa, propoñémosche descubrila a través dun xogo de orientación en bicicleta. Unha actividade que realizarás por libre e que está pensada para que a compartas cos teus. Ademais, é unha maneira de facer diferentes actividades.
A través da xincana para bicicletas na Illa de Arousa poderás coñecer cada recuncho da illa. Un xogo de orientación por equipos no que deberás atopar as balizas e pasar as probas e preguntas que conteñan. Balizas que encontrarás colocadas en lugares emblemáticos da vila. Unha forma orixinal de facer un team building.