A túa casa na Ribeira Sacra




Viaxar en grupo pode ser unha odisea, pero non nos nosos apartamentos. Hai moito espazo para vivir e deixar vivir. Acolledores e con encanto, son a opción perfecta para familias e grupos de amigos que buscan un lar fóra da casa no que descansar despois dun día intenso de actividades, desfrutando da gastronomía e da Ribeira Sacra.
Entre os servizos incluídos nos nosos apartamentos están: roupeiro-armario, roupa de cama e baño, consigna para maletas o día de entrada e de saída, servizo de mantemento incluído durante a estancia, información turística e kit para nenos e nenas (berce e trona). Na cociña atoparás: frigorífico, microondas, placa de cociña, torradora, vaixela, xogo de cubertos, cristalería completa, kit de limpeza, batería e utensilios de cociña.