TURISMO ACTIVO NAS RÍAS BAIXAS CON VISITA AO MUSEO PESCANOVA BIOMARINE CENTER
DÍA 1. Orixe – Rías Baixas:
Saída dende o lugar de orixe en dirección ás Rías Baixas con paradas breves ao longo da ruta (xantar por conta do cliente). Chegada ao hotel, distribución de cuartos, tempo libre, cea e aloxamento.
DÍA 2. Birding & Ruta de Sendeirismo A Lanzada-Museo Pescanova Biomarine Center.
Almorzo no hotel. Saída en compañía dun guía especializado en sendeirismo e avistamento de aves para facer unha ruta pola Lanzada; un enclave máxico cheo de misterios da antigüidade compartido polos municipios de Sanxenxo e do Grove. Realizaremos un percorrido duns 3 km por unha preciosa contorna natural na que atoparemos unha gran variedade de aves. Achegarémonos ao observatorio, onde poderemos observar distintas especies; entre elas, gaivotas, lavancos e patos. E coñeceremos os enclaves máis relevantes; lugares cargados de historia e fermosas paisaxes de costa, como son a ermida de Nosa Señora da Lanzada, as praias de Foxos, Areas Gordas e A Lapa, onde se encontra o illote Outeiriño.
Xantar en restaurante.
Pola tarde, realizaremos a visita guiada do museo Pescanova Biomarine Center (entrada incluída); o primeiro centro tecnolóxico de acuicultura privado de España, pioneiro en I+D. Percorreremos os 5 sectores interactivos, onde coñeceremos de forma divertida a Nova Pescanova. No museo do Pescanova Biomarine Center serás consciente da importancia que teñen os ecosistemas mariños para a vida do planeta, cales son os seus problemas e como podemos evitalos, e aprenderás o que é a acuicultura e por que naceu xa en China 3500 anos antes de Cristo. Aquí descubrirás os beneficios da acuicultura, as claves para garantir unha práctica acuícola responsable e sostible, así como os fitos principais dos máis de 5000 anos de historia da acuicultura no mundo.
Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DÍA 3. Rías Baixas – Orixe:
Almorzo no hotel. Saída cara ao lugar de orixe con paradas breves ao longo da ruta (xantar por conta do cliente). Chegada e fin dos nosos servizos.
PROVEDORES:
Aloxamento en Hotel Carlos I Silgar 4*.
Restaurante previsto: restaurante do Gran Talaso Hotel Sanxenxo.
Guías provistos por Viajes Interrías.
Museo Pescanova Biomarine Center.
Transporte: Autocares Novas Rías.