Galicia Destino Sostible

Un mar de experiencias na Reserva da Biosfera

Sairemos do porto de Ares nun catamarán eléctrico, silencioso e con cero emisións, á hora acordada (o único condicionante é a marea; por iso cómpre chamar por teléfono antes de organizar a experiencia).
Achegarémonos ás Mirandas para observar os cantís, as aves e a boca do Atlántico (vista da Marola e da Torre de Hércules). Navegaremos ata as bateas de Lorbé e, con lentes de realidade aumentada, observaremos (con audiodescrición) os fondos mariños en 360 °, sen necesidade de mergullarnos.
Navegaremos ata A Ponte do Porco e, se o tempo o permite, mergullarémonos nas augas cristalinas de Punta Xurela para adentrarnos nas súas furnas, uns lugares espectaculares aos que só se pode acceder por mar. De novo, observaremos os fondos mariños coas lentes de realidade aumentada en 360 °.
Proseguiremos rumbo ás granxas mariñas e antigas salinas do Pedrido e ao pazo de Mariñán e buscaremos o momento e o lugar para degustar a bordo produtos de temporada da zona e certificados.
Subiremos polo Mandeo ata Betanzos, descubrindo a fermosura e a maxia do río, e avistaremos as aves que o habitan. Estamos a navegar por unha Zona Especial de Conservación (Natura 2000) e, grazas ás características da embarcación, somos os únicos autorizados para percorrer estes lugares tan especiais.
Chegaremos a Betanzos, con 2 opcións complementarias e compatibles: facer unha visita guiada polo centro histórico (ou a ruta da Moa e do Pan, para as persoas que xa coñecen o centro histórico de Betanzos) e/ou xantar/merendar/cear nun restaurante certificado da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Calcúlase que a navegación ata Betanzos durará aproximadamente 3 horas / 3 horas e media.
En caso de que deixes o teu medio de transporte no porto de Ares, poñeremos ao teu dispor un transporte alternativo (accesible, por suposto).

Experiencias inclusivas, 100 % accesibles nas que todas as persoas poden participar. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan óptimas, buscarase outro día sen ningún suplemento. Non se precisa ningunha experiencia previa de navegación; todo o contrario, é unha actividade apta para todos e todas; o único que cómpre levar é unha chaqueta por se refrescase durante a navegación. A experiencia está deseñada para un máximo de 6 persoas ou un mínimo de 4, sen mesturar grupos; é dicir, todas as persoas que participan na experiencia se coñecen.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 90 €
6 Persoas Min.
Condicións de reserva

Experiencias inclusivas, 100% accesible, todas las personas pueden participar. En caso de condiciones meteorológicas no óptimas, se buscará otro día sin suplemento alguno. No se precisa ninguna experiencia previa de navegación, todo lo contrario, apto para todas las personas, lo único que se precisa es una chaqueta por si durante la navegación refrescara. La experiencia está diseñada para un máximo de 6 personas, mínimo de 4, sin mezclar grupos, es decir que todas las personas que participen en la experiencia se conocen.

Reserva:

por teléfono a 637590660 o 630402307 http:// www.a-02velas.eu