Galicia Destino Sostible

UN OCÉANO DE ESTRELAS EN AUTOCARAVANA

Paquete de 7 días – 6 noites nunha camper ou autocaravana que inclúe:

Este circuíto está pensado para os amantes da astronomía. Galicia forma parte dos Destinos Turísticos Starlight pola súa excelencia e condicións para contemplar ceos estrelados grazas á baixa contaminación luminosa. Propoñémosvos unha viaxe en camper chea de estrelas e gastronomía.

A vosa primeira parada será Muras, destino Starlight sito no norte da provincia de Lugo. Pasaredes a vosa primeira noite na área de autocaravanas preto da serra do Xistral para que poidades admirar un ceo estrelado sen fin.

Continuaredes a vosa viaxe ata a cidade da Coruña para visitar un dos seus museos: a Casa das Ciencias. No seu planetario, teredes a oportunidade de descubrir os misterios que esconde o firmamento.

O voso camiño continúa na Coruña e ha levarvos ata MEGA, o Museo de Estrella Galicia. Non podía faltar unha visita interactiva deste museo, con cata incluída, para coñecer a historia das «Estrellas» máis famosas de Galicia.

Se viaxades en época estival, esta viaxe podería incluír unha experiencia opcional única: unha travesía nocturna en kaiak na fervenza do río Xallas, en Ézaro, da man de Atlantis Aventura. Unha experiencia emocionante pola marxe da fervenza a bordo dun kaiak, baixo as estrelas, e inmersos en todo un espectáculo de luz e cor co cadoiro iluminado.

A seguinte parada será na Serra de Outes, no Restaurante Fera. Alí teredes a ocasión de deleitar o voso padal cun menú da mellor calidade baseado na gastronomía local das rías e terras galegas; unha «auténtica homenaxe para os sentidos», sinala o chef de Fera.

Para fechar con chave de ouro a vosa viaxe baixo as estrelas nada mellor que as Illas Cíes, outro dos destinos Starlight de Galicia. Faredes unha viaxe en barco con Sailway: Moonlight nas Illas Cíes. Navegaredes ata estas illas pola ría de Vigo, observando a incrible posta de sol no Atlántico ata o desembarco na praia de San Martiño ou na famosa praia de Rodas, onde o guía ha darvos todas as explicacións sobre o impresionante ceo estrelado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Inclúe:
• 6 noites en camper.
• Visita con cata incluída – MEGA – Museo Estrella Galicia – Galicia Destino Sostible.
• Visita Casa das Ciencias – A Coruña.
• Menú degustación – Restaurante FERA no Atmos Hotel Boutique – Galicia Destino Sostible.
• Viaxe en veleiro – Moonlight en Illas Cíes – Sailway – Galicia Destino Sostible.
Actividade opcional:
• Travesía nocturna en kaiak en Ézaro – Atlantis Aventura.

Prezo por persoa baseado en circuíto para 4 persoas nunha camper en temporada baixa e suxeito a dispoñibilidade.
Para reservas ou ampliar detalles do noso tour «Un océano de estrelas en autocaravana», podedes contactar a través do noso correo electrónico, reservas@compostelacampers.com, ou por teléfono, no 881 09 12 09.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 567 €
2 Persoas Min.
Condicións de reserva

Precio por persona basado en tour para 4 personas en una camper en temporada baja y sujeto a disponibilidad

Reserva:

Para reservas o ampliar detalles de nuestro tour “Un océano de estrellas en autocaravana” pueden contactar a través de nuestro correo electrónico reservas@compostelacampers.com o por teléfono en el 881 09 12 09. También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual.