Un sopro de aire fresco para o verán
Estás nunha contorna situada na Galicia interior, en plena Ribeira Sacra. Rodéante campos de viñedos onde se cultivan excelentes viños artesáns dende outrora; verdes lameiros que acollen as vacas que dan o leite co se elaboran os queixos exclusivos desta zona; bosques formados por árbores milenarias cargadas de lendas —entre elas, monumentais carballos e castiñeiros.
Dende as beiras do Miño contemplarás amenceres de todo tipo: días solleiros, tempestuosos ou preñes de brumas no verán. Sinte os cheiros da natureza, dende o orballo da mañá ao recendo da terra mollada tras a choiva. Sabías que a ese cheiro lle chaman agora petricor?
Ven á Casa das Xacias e embárgate da sensación do fogar.