Ven a Pontevedra – Cultura, mar e gastronomía
Dende Infinita Viajes animámoste a coñecer a ría de Pontevedra dende unha perspectiva diferente.
Aloxarémonos no hotel Villa Covelo, en Poio, a un paso da preciosa cidade de Pontevedra. Dende alí sairemos cara á cidade, onde nos agarda o noso guía para facernos un tour comentado. Visitaremos a igrexa da Peregrina e o Museo de Pontevedra e acabaremos nun restaurante típico, onde poderemos degustar os pratos máis tradicionais da gastronomía galega.
Ao finalizar, regresaremos ao hotel para relaxarnos na terraza panorámica cunhas vistas estupendas sobre a ría de Pontevedra e, se o tempo acompaña, bañarnos na piscina ou nalgunha das calas próximas.
O HOTEL – VILLA COVELO
O hotel Villa Covelo está situado nunha das ribeiras da ría de Pontevedra, unha das 5 que conforman as Rías Baixas. Atópase no municipio de Poio, moi preto de puntos turísticos tan importantes como Combarro, Sanxenxo ou a cidade de Pontevedra. É un establecemento tranquilo e confortable, que aposta pola sostibilidade e ofrece unha estancia moi agradable.
A ACTIVIDADE – RUTA GUIADA + COMIDA GALEGA
A actividade desenvólvese na cidade de Pontevedra e nun dos restaurantes tradicionais da cidade. Degustaremos polbo á galega, mexillóns, empanada, zamburiñas, filloas… Para lamber o bico!
A nosa oferta inclúe:
1 noite de aloxamento no hotel Villa Covelo.
Almorzo.
Tour guiado por Pontevedra.
Xantar en restaurante típico.