Galicia Destino Sostible

Visita a Cíes en veleiro cun guía e comida a bordo

O paseo en veleiro ás Illas Cíes dende Vigo é unha das actividades estrela que vos ofrecemos en Bluscus. Asegurámosvos que ides vivir unha experiencia única nunha contorna inigualable. Recomendámosvos que pechedes os ollos e só escoitedes o vento e o mar. Volvémonos sentimentais, si, pero facédenos caso e probádeo. É unha sensación marabillosa que vos ha afastar do mundanal ruído. Deixádevos aconsellar sempre polo patrón, xa que el é o gran coñecedor dos ventos que predominan na ría.

Xa na illa descubriredes preciosos recunchos e praias idílicas, como a famosa praia de Rodas, a praia da Nosa Señora, ou a de Figueiras (tamén chamada a dos Alemáns), que son perfectas para o descanso. As augas frías disuadirán do baño a máis de un, pero tamén vos aconsellamos ese choque térmico para reactivar a circulación e quedar fresquiños.

Por todo iso, e polo gran valor do seu mundo submarino, as Illas Cíes son a xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Na illa poderedes realizar varias rutas acompañados por un guía da empresa Alecrín Actividades y Aventuras acreditado polo Parque Nacional.

Ruta ata o faro máis alto de Galicia: poderedes contemplar unhas vistas espectaculares do océano e das illas.
Ruta do Alto do Príncipe: unha ruta curta e doada. Durante ela, poderedes ver Figueiras, a praia nudista de Cíes. Ao final da ruta poderedes fotografarvos na «Cadeira da Raíña», unhas formacións rochosas erosionadas que adoptan esa forma.
Ruta ata o faro da Porta: o faro menos coñecido das Illas Cíes, pero que impacta polas súas cores vivas e o seu enclave.
Ruta do monte Agudo: a ruta con máis sombra, xa que atravesaredes algúns dos bosques que existen nas illas. Como recompensa, teredes unha idílica panorámica do arquipélago e da península do Morrazo.
En toda as rutas estaredes acompañados por un guía acreditado do Parque Nacional.

Se non é temporada alta, tamén vos recomendamos un paseo pola praia de Rodas. Se no 2007, ata o mesmísimo diario inglés The Guardian catalogou a praia de Rodas como a mellor do mundo, por algo será. Pero en agosto nin vos atrevades; adoita estar masificada. Unha vantaxe de ir en temporada estival é que na caseta informativa poderedes apuntarvos a algunhas das rutas que propoñen os guías do Parque Nacional.

Todas elas teñen un nivel baixo apto para todos os públicos. Só deberedes ter precaución se o sol é moi forte.

De volta, unha suave navegación a vela será o ideal para relaxarvos e completar un día de ilusión. Coa túa familia ou cos teus amigos, o plan do paseo en veleiro ás Illas Cíes dende Vigo nunca falla.
Veleiro para 8 persoas.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?

Dende 800 €
16 Persoas Min.
Condicións de reserva

Velero para 8 personas

Reserva:

https://bluscus.es/tour/paseo-en-velero-a-las-islas-cies-desde-vigo/ También pueden adquirir este producto en su agencia minorista habitual