Noso
programa de patrocinio
Vinculado ao club de produto Galicia Destino Sostible, nace un programa de patrocinios a través do que o Clúster de Turismo de Galicia, co financiamento da Xunta de Galicia, outorgará axudas ás empresas para compensar o esforzo na creación de produto turístico sostible e fomentar a aparición deste tipo de servizos
Obxecto destas axudas
O obxecto destas axudas será a creación de produto turístico sostible. Outorgaranse por orde de petición, sempre e cando a empresa cumpra cos requisitos esixidos, tras a súa aprobación polo comité de avaliación do club e formalización mediante a sinatura dun contrato de patrocinio, atendendo os seguintes criterios:
Axencias de viaxe maioristas
- Cun importe de 3.000 € para cada novo produto (IVA incluido)
- limitado a un máximo de 3 produtos financiados.
Axencias de viaxe minoristas
- Cun importe de2.000 € para cada novo produto (IVA incluido)
- limitado a un máximo de 2 produtos financiados.
Outras categorías
Aloxamento, restaurantes e oferta complementaria- Cun importe de 1.300 € para cada producto (IVA incluido)
- limitado a un máximo de 1 produto financiado.
Como sei se o meu produto é sostible e, polo tanto, encaixa no programa de patrocinios?

A empresa deberá estar adherida a Galicia destino sostible. No caso de empresas de intermediación, deberán incluír paquetes turísticos.

No caso de axencias de viaxe, os paquetes turísticos que configuren deberán contar, polo menos, cun 50% de produtos ou servizos que estean dados de alta no Club Galicia destino sostible ou que cumpran con algún dos requisitos habilitantes.

O produto turístico debe ser singular e debe aportar un valor diferencial en materia de sostibilidade. Debe estar claramente diferenciado de aqueles xa incorporados na web do Club de produto.

Debe ser produto turístico que se comercialice.
As empresas deberán subir os produtos á web do Club, que serán avaliados para asegurar que cumpran os requisitos de sostibilidade necesarios para a súa adhesión a Galicia destino sostible e para o outorgamento da axuda. Unha vez validados, publicaranse na web.
O prazo para a solicitude de axudas establecese entre o 11 de xullo e o 30 de setembro de 2022 e, no caso de que non se cubra o importe máximo nalgunha das categorías, os importes redistribuiranse entre as demais categorías.
Para mais información, non dubiden en contactarnos a través do correo electrónico info@galiciadestinosostible.com ou no teléfono (+34) 881 50 51 02.
AXUDÁMOSTE?
Se tes algunha suxestión
ou pregunta non dubides en contactar connosco