Que é Galicia Destino Sostible?

Conectamos turistas e empresas, facilitando o acceso a calquera tipo de actividade turística sostible en Galicia.

Galicia Destino Sostible é un club de produto que xurdiu en 2022 para dar resposta a unha demanda e necesidade cada vez máis crecente: facer do turismo unha actividade responsable, buscando a súa sostibilidade integral dende o punto de vista ambiental, social e económico.

O seu obxectivo é reunir a empresas das principais áreas do turismo de Galicia (aloxamentos, restauración, provedores de actividades e experiencias turísticas, e axencias de viaxes) que teñan como motivación común contribuír ao cumprimento dos ODS a través de de boas prácticas no desenvolvemento da súa actividade.

Galicia Destino Sostible é unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia, co financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Quen forma parte do Club?

Forman parte do Club empresas comprometidas que prestan servizos enmarcados no turismo responsable e de baixo impacto ambiental, que coidan ás persoas e se dediquen á conservación do patrimonio material e inmaterial do territorio.

As empresas que se incorporan ao Club do Produto realizan un esforzo continuo por integrar aspectos sostibles nas súas operacións, buscando a mellora constante e fomentando así a transformación do tecido empresarial galego cara a unha sustentabilidade integral e consciente.

Lista de empresas

Que empresas poden formar parte do Club?

Poderán formar parte do Club do Produto as axencias de viaxes por xunto e polo miúdo, as empresas de aloxamento e restauración e as entidades que ofrezcan actividades e experiencias turísticas que cumpran os requisitos esenciais de sustentabilidade iniciais e que estean dispostas a melloralas ano tras ano.

Une á túa empresa

Cales son as vantaxes de formar parte do Galicia Destino Sostible Club?

Forma parte dunha oferta turística diferencial

Formación e asesoramento en turismo sostible

Acceso a unha nova canle de captación de turistas

Credibilidade e garantía ante os turistas

Promoción e difusión a nivel nacional

Mellora a capacidade de buscar alianzas e socios

Novas

Tes preguntas ou suxestións?

Contacta connosco para descubrir todas as vantaxes de pertencer ao Club Galicia Destino Sostible

Contacta connosco