Galicia Destino Sostible

A-02 Velas, Praxxis Inclusión

A Coruña

Navegar en silencio, sen contaminar, sen perturbar a fauna que atopamos nos ríos, rías e no mar, é posible na embarcación eléctrica e 100% accesible de A02velas, porque o turismo sostible, con degustación de produtos locais a bordo e outras actividades de concienciación medioambiental debe incluír a todas e todos. No noso barco, ninguén queda en terra! Máis de 500 persoas con capacidades diferentes xa gozaron dos nosos paseos pola ría de Ares e Betanzos dende 2019 coas súas parellas, familiares ou amigos. Cando unha persoa non pode aloxarse, entrar nun restaurante ou realizar unha actividade turística, hai 3,2 persoas máis que non poderán ou non quererán!

¿Qué hace que una experiencia sea sostenible?