Galicia Destino Sostible

Malates Slow Boutique Hotel

Foz | Lugo

Malates: desconexión e sostibilidade nun entorno único


Situado nunha antiga zona de estaleiros de ribeira, Malates é un refuxio de calma e exclusividade á
beira da ría. Aquí, o mar e a terra fúndense nunha paisaxe cambiante que invita á desconexión. O noso
compromiso coa sostibilidade reflíctese en cada detalle: enerxías renovables, sabores locais e un
profundo respecto polo entorno. En Malates, cada estancia é unha experiencia slow, onde o tempo se
goza sen présas. Cuartos con encanto, natureza en estado puro e unha filosofía en harmonía co
planeta fan do noso hotel o destino ideal para quen busca serenidade, autenticidade e confort. A
maxia e o encanto envolven cada recuncho, convertendo cada visita nunha experpencia inesquecible.

Que fai que unha experiencia sexa sostible?