Galicia Destino Sostible

Hotel Bela Fisterra

A Coruña

BELA FISTERRA

Hotel en Fisterra, a carón do fin do mundo»
O Hotel Bela Fisterra está situado na praia da Langosteira de Fisterra, no Camiño de Santiago. Ofrécelle aloxamento de 3 estrelas no fin do mundo.
O noso hotel tamén conta con aparcamento privado, conexión Wi-Fi gratuíta e un bar con terraza, onde gozar das vistas.

Sustentabilidade
No noso hotel aplícase unha política de compromiso co medio ambiente baseada no que a xeotérmica se utiliza para quentar a auga, a auga dos ríos para o rego e se alimenta con enerxía de baixo consumo para o aforro enerxético.
Os nosos xardíns foron deseñados con vexetación autóctona.
O noso obxectivo: crear un hotel baseado no total respecto ás políticas de compensación de emisións de CO₂.

Eventos
«Un hotel dedicado á literatura universal do mar»
O noso establecemento está 100% comprometido coa cultura e a arte, e ao longo da nosa existencia realizamos multitude de actos de apoio á cultura (presentacións de libros, concertos musicais, teatro)
Neste enlace podes ver algúns exemplos

https://www.belafisterra.com/bela-fisterra-evento-2/

Amigo das mascotas

Todos os cans son benvidos en Bela Fisterra: non hai límite de peso. E, ademais, todos os hóspedes caninos agardan unha cunca de comida e auga e tamén unha cama estupenda. Este singular e fermoso establecemento -o primeiro hotel literario de Galicia- atópase tamén nun escenario espectacular, a carón dunha praia (onde, fóra de tempada, podes pasear co teu can). Como non podía ser menos, na zona tamén hai rutas de sendeirismo dunha beleza inigualable.

¿Qué hace que una experiencia sea sostenible?