Skip to content
InicioO club

O club,
Galicia destino sostible

Galicia destino sostible é unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia, co financiamento da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é integrar e poñer en valor a oferta turística da rexión que contribúe a un crecemento sostible do destino.

Que ofrecemos?

Conectamos a turistas e empresas, facilitando o acceso a calquera tipo de actividade turística sostible en Galicia.

Se es turista

Facilitamos unha experiencia turística sostible integral a aqueles visitantes nacionais e internacionais interesados en coñecer e gozar Galicia garantindo a protección do medio ambiente e do seu patrimonio cultural e natural, ao mesmo tempo que impulsan a economía local.

Se es operador

Poñemos en valor o compromiso coa sustentabilidade adquirido polas empresas socialmente responsables, impulsando a súa competitividade e a súa visibilidade corporativa e promocional a través do acceso ao financiamento, a formación continuada, o networking e a comunicación.

Algúns dos nosos socios

Que nos fai diferentes?

 

A aposta por un modelo de turismo aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e os criterios ESG.

Que nos fai diferentes?

A aposta por un modelo de turismo aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e os criterios ESG.

Compromiso co local,
impulsando o desenvolvemento social e económico da rexión, respectando e incentivando a cultura e tradición da zona e as súas xentes.

Compromiso medioambiental,
protexendo e conservando a biodiversidade do territorio e loitando contra o cambio climático e minimizando o impacto da actividade.

Compromiso co bo goberno,
adoptando boas prácticas que garantan a inclusión, a transparencia e a competitividade de empresa.

Viaxes con propósito

 

Que ofrecen vivencias e experiencias únicas que axudan aos viaxeiros para conectar con Galicia

Viaxes con impacto

 

Que deixan pegada no viaxeiro, pero minimizan o impacto negativo da actividade turística

Viaxes con confianza

 

Que garanten que todos os produtos turísticos ofertados cumpren cos criterios establecidos

AXUDÁMOSTE?

Se tes algunha suxestión
ou pregunta non dubides en contactar connosco

Sign In

Register

Reset Password

Please enter your username or email address, you will receive a link to create a new password via email.

This site is registered on wpml.org as a development site.